Glog text
Valentín Paz Andrade
Foi un dos impulsores do grupo Pescanova, no que exerceu como vice-presidente
Antes da guerra formou parte do Partido Galeguista, do que foi secretario xeral e participou na redacción do Anteproxecto de Estaduto de Autonomía de 1936.
Despois de morto Franco foi senador nas Cortes Constituíntes de 1977
Autor de diversos ensaios, por exemplo, "Principios de economía pesquera", por encargo da FAO, da que foi especialista económico en misións internacionais
Comezou a súa actividade xornalística aos 16 anos.
Traballou e colaborou en xornais como Galicia, El Pueblo Gallego ou Faro de Vigo.
O máis significativo da súa obra literaria é o ensaio e a poesía.
Na maior parte da súa obra evidénciase unha motivación patriótica
Despois da guerra defendeu a moitos galeguistas acusados polo réxime franquista.
escoita un poema
Morre en Vigo, onde viviu boa parte da súa vida, no 1987
Nace en Lérez - Pontevedra, no 1898
Exerceu como:
> avogado
> economista
> político
> empresario
> escritor
> xornalista
Estuda Dereito na Universidade de Santiago
Coñece a Castelao, a persoa que máis inflúe na súa vida.
O 14 de xaneiro de 1950 publicou no xornal La Noche un artigo en portada e a catro columnas sobre Castelao, morto a semana anterior. Ese artigo incumpría a imposición da censura franquista que ordenara dar a noticia da morte de Castelao a unha columna, en páxinas interiores e sen citar a súa actividade política.
Ese feito provocou a prohibición da publicación.
Como ensaísta publicou entre outras obras:
- A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1977)
- Castelao na luz e na sombra (1982)
Como poeta formou parte da Xeración de 1925. É autor de:
- Pranto matricial (1954)
- Sementeira do vento (1968)
- Cen chaves de sombra (1979)
Escoitar un poema
sobre a morte do rianxeiro
There are no comments for this Glog.