Spain - Amazing Place LUGO

In Glogpedia

by troskito
Last updated 4 years ago

Make a copy Make a copy function allows users to modify and save other users' Glogs.

Discipline:
Social Studies
Subject:
Geography
Grade:
6,7,8,9

Toggle fullscreen Print glog
Spain - Amazing Place LUGO

LUGO

LugoFundada polos romanos co nome de Lucus Augusti, a cidade de Lugo atesoura máis de dous mil anos de historia e patrimonio. A Muralla Romana é a mellor testemuña da súa evolución, pois dende que foi erixida perdurou inquebrantable ao longo dos séculos, converténdose no símbolo por excelencia desta capital galega. Ademais da muralla, son moitos os atractivos de Lugo, que merece uns días para perderse nas súas rúas. Ven con tempo e coñece todos os seus encantos: os seus monumentos, a súa gastronomía, a súa natureza, a súa xente

A muralla é a peza estrela dun rico patrimonio histórico e artístico que Lugo atesourou ao longo destes dous mil anos de existencia. Entre outros tesouros, Lugo conta no seu legado con importantes vestixios medievais, coma a catedral e o burgo vello, ou barrocos, como algúns dos edificios máis fermosos da cidade. Para difundir este legado, Lugo conta cunha rede de Museos Municipais especializados no patrimonio arqueolóxico, herdado fundamentalmente da época romana. A oferta cultural complétase co Museo Provincial, situado no antigo convento de San Francisco, e cunha coidada programación cultural que desenvolve o Concello de Lugo ao longo de todo o ano.

Lugo verde, Lugo Saudable

Lugo Monumental

Video Promocinal

Alén do Lugo monumental, hai outras moitas facetas, coma o seu perfecto equilibrio entre tradición e modernidade, que lle confiren á cidade un engado especial. Ademais, Lugo destaca polo coidado dos seus espazos naturais.O horizonte está marcado pola fermosa paisaxe da campía lucense. As súas magníficas fragas autóctonas ofrecen ao longo de todo o ano espectaculares imaxes. Precisamente, o Camiño Primitivo de Santiago percorre estas fantásticas paisaxes ao seu paso polo municipio. Outra forma de descubrir estas paraxes é a través das catro rutas que o Concello ten habilitadas, que permiten percorrer o Lugo rural polas tradicionais corredoiras e carreiros. Ademais, a cidade está rodeada por un cinto verde de máis de dez quilómetros de paseo que transcorre á beira do río Miño e do río Rato. E resulta imprescindible facerlle unha visita ao Parque de Rosalía de Castro que ofrece, en pleno centro da cidade, 23 hectáreas de zona verde e un miradoiro único que permite contemplar uns solpores espectaculares.Outra das facetas máis atractivas de Lugo é a relativa á saúde e ao benestar. Trátase dunha das máis valiosas herdanzas que os romanos lle deixaron á cidade. Falamos das Termas, situadas na ribeira do Miño, onde se acha o Balneario de Lugo cunha ampla oferta de tratamentos termais. Nos últimos anos, a oferta de turismo termal ampliouse na cidade coa apertura de máis establecementos, coma o Spa do Gran Hotel de Lugo.


Comments

    There are no comments for this Glog.