Pollock
by
dpcastro
Last updated 3 years ago
Discipline:
Arts & Music Subject:
Graphic Arts
Grade:
2
“A miña pintura non procede do caballete. Polo xeral, apenas tenso a tela antes de empezar, e, no seu lugar, prefiro colocala directamente na parede o enriba do chan. Preciso a resistencia dunha superficie dura. No chan é onde me sinto mais cómodo, mais cercano á pintura, e con maior capacidade para participar nela, xa que podo camiñar arredor da tela, traballar desde calquera dos seus catro lados e introducirme literalmente dentro do cadro. Intento manterme á marxe dos instrumentos tradicionais, coma o caballete, a paleta e os pinceis. Prefiro os paus, as espátulas e a pintura fluida que gotea e se escurre. Non teño medo de facer cambios, destruir a imaxe, pois a pintura ten unha vida en sí mesma. Procuro que ésta xurda.”Deste xeito, o que Pollock plasma na tela «non era unha imaxe, senon un feito, unha acción»
JACKSON POLLOCK
Paul Jackson Pollock (1912- 1956) foi un influínte artista estadounidense e un referente no movemento do expresionismo abstracto. Considerado un dos pintores mais importantes dos Estados Unidos no século XX.
Pollock foi un pintor abstracto (non pintaba nada que representara a realidade), famoso pola súa técnica:-Non utilizaba caballetes: extendía os lenzos no chan-Apenas utilizaba pinceis, prefería espátulas ou paus cos que botaba salpicaduras no cadro, ou deixaba gotear a pintura furando o fondo dos botes. A esta técnica se lle chama "dripping"-Utilizaba a expresividade de todo o seu corpo para pintar, facendo o que chamaba "action painting", é dicir a acción de pinta-lo cadro, era unha forma de arte en sí
Para saber mais:http://es.wikipedia.org/wiki/Jackson_Pollockhttp://oefectopigmalion.blogspot.com.es/2013/05/pollock.htmlhttp://jacksonpollock.org
There are no comments for this Glog.