OS MOVEMENTOS DA TERRA E DA LÚA
by
Davidocampo
Last updated 4 years ago
Discipline:
Science Subject:
Earth Sciences
Grade:
7
OS MOVEMENTOS DA TERRA E DA LÚA
FASES DA LÚA
A CARA OCULTA DA LÚAA lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta arredor da Terra e sobre si mesma, o que fai que sempre nos amose a mesma cara.
AS ECLIPSESSon ocultacións transitorias, totais ou parciais, dun astro pola interposición doutro corpo celeste.Eclipses de sol:Ocorren cando a lúa se interpón entre a Terra e o sol, ocultando a este último. Se o tapa por completo falamos de eclipse total; se só tapa unha parte chamámoslle eclipse parcial; e se sitúa diante pero deixa ver o borde do disco solar, eclipse anular.Eclipses de lúa:Ocorren cando a lúa chea pasa polo plano da eclíptica e atravesa a sombra da Terra, que a escurece de forma transitoria.
AS MAREASSon cambios periódicos do nivel do mar producidos por efecto da lúa e, en menor medida, do sol.No lado no que se atopa a lúa e no contrario (pola forza centrífuga) a marea está alta, mentres que en ángulo recto coa lúa as mareas son baixas.O sol pode modular as mareas, de tal forma que cando está aliñado coa terra e a lúa (en lúa nova e lúa chea) produce mareas vivas e a diferenza entre a preamar e a baixamar é máxima, e cando está en ángulo recto con estas (cuartos minguante e crecente) forma mareas mortas, e hai pouca variación entre a marea alta e baixa.
AS ESTACIÓNSA combinación do movemento de translación da Terra xunto co seu eixe inclinado causa que se produzan distintas estacións climáticas no noso planeta ao longo do ano.Cando nun hemisferio é verán hai máis horas de día que de noite, e os raios solares inciden de forma máis perpendicular nesta área, polo que se quenta máis. Ademais no círculo polar dará o sol todo o día (no polo hai 6 meses de día e 6 de noite). En inverno hai máis horas de noite e o sol incide de forma máis oblicua.Os solsticios, que dan inicio ao verán e ao inverno, son os días nos que existe maior diferenza entre as horas de día e de noite. Pola contra nos equinoccios, que abren paso ao outono e á primavera, o día e a noite duran o mesmo en todos os puntos da Terra.
´
A LÚA E OS SEUS EFECTOS
There are no comments for this Glog.