Glog text
Mapas
Conceptuais
GCompris é un programa de cómputo educacional con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos de idade. Algunhas actividades son como xogos educativos. Atoparemos algunhas actividades dentro dos seguintes temas:
*Descubrindo a computadora: teclado, rato, diferentes movementos do rato, ...
*Álxebra: táboa de memoria, enumeración, táboa de dobre entrada (balance), imaxe espello, ...
*Ciencia: A canle, O ciclo da auga, O submarino, ...
*Xeografía: Coloca os países no mapa.
*Xogos: xadrez, memoria, ...
*Lectura: prácticas de lectura
*Outros: Aprende a decir a hora, Rompecabezas de pinturas famosas, debuxos por vectores, ...
GCompris é Software Libre, por tanto tes a posibilidade de adaptalo ás túas necesidades, de melloraro, e de compartir o teu traballo.
Tux Typing é unha entretida aplicación para a aprendizaxe de mecanografía que, a través de diferentes retos e competicións, axudarannos a escribir a máquina de forma máis eficiente. Aprenderás mecanografía xogando en compaña da mascota Tux e verás como aumentan as túas pulsacións por minuto e diminúen os erros.
Este programa componse de varios minixogos nos que temos que teclear as letras que aparecen en pantalla. Todos eles baséanse na mesma mecánica: pódense cometer algúns erros, pero canto máis aguantemos, mellor será a nosa puntuación.
Ten varios niveis de dificultade e consegue que nos enganchemos a teclear ata que facemos unha nova marca ou conseguimos pasar a un nivel superior. Grazas a este software, aprender mecanografía será moito máis divertido.
Ardora ée unha aplicacióon informáatica para docentes, que permite crear as suúas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun modo moi sinxelo. Existe unha versioón Portable de Ardora (non necesita instalarse)
Con Ardora póodense crear maáis de 45 tipos distintos de actividades, crucigramas, sopas de letras, completar, paneis graáficos, reloxos, etc, e conta con maáis de 10 tipos de paáxinas multimedia: galeriías, panoraámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou flv, etc.
O profesor introduce os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, e Ardora creaá a páaxina web e os arquivos
necesarios, para visionar o contido usando un navegador.
There are no comments for this Glog.