LENDAS DA COMARCA SONIA,LARA ,TANIA,IVÁN,SALMA E CARMEN
by
linguaTelleiras1C
Last updated 5 years ago
Discipline:
Language Arts Subject:
Journalism
Grade:
7,8,9,10,11
PONTEDEUME
LENDAS
Na lagoa da Rega, ao lado da praia do Rodo afundiuse a próspera cidade de Marnela que quedou sumerxida baixo as augas. Seica se atoparon tellas e campás da que fora a igrexa desta misteriosa cidade sumerxida.
E a historia dunha serpe que atemorizaba aos veciños de preto do río Bellelle ( pois era xigante e con pequenas ás que non utilizaba ).Eles decidiron plantarlle cara á serpe colocando na súa cama uns paus afiados onde esta cravouse e morreu cunha gran dor.
Un rapaz chamado Ledán afogara no río ao intentar atravesalo para ver a Minla (a súa amada). Ésta ao escoitar os berros do seu mozo e ver o que lle estaba a suceder, prometeu a súa alma ao demo a cambio de que éste construíse unha ponte para cruzar o río e así ver o corpo do seu amado mozo. O demo acepta o trato e Minla ponlle unha condición, a ponte ten que estar rematada antes do amencer.O demo pola mañá non consegue rematar a ponte e Minla aínda que só´faltaba unha pedra cruzouna e asi Minla non tivo que entregarlle a súa alma o demo e puido ir xunto o seu defunto amado.
Preto do castro de Eiravedra vivía un labrego rico coa súa dona e unha filla fermosa .A rapaza vivía apartada de todo trato con ninguén .Pois baixo a apariencia de labregos eran meigos mouros e non querían que a nena tivese contacto cos humanos.Unha mañá a rapaza foi coller herbas ao río e entón atopou un mozo loiro que ao parecer era un rapaz orfo que vivía co seu unico avó .A moza devolveulle o saúdo recibido, incumplindo toda petición paterna .Desde ese momento namoraronse e ao pouco tempo os pais descubriron a verdade e moi enfadados maldecírona convertíndoa nunha xigante cobra .Nos días seguintes, o namorado preto do río esperabaa e ela nunca aparecía e o mozo preocupado pensou o que lle ocurrera .Decidiu preguntarlles a os pais da sua moza , que de malas formas lle dixeron que se fora e non volverá xamais a acercarse a onde vivian.Logo consultou ao seu avó, que despois de pensalo decidiu axudalo , o avó reflesionou e díxolle que a rapaza non poderia estar morta nin desaparecida que tería que estar enmeigada .O rapaz contoulle a o seu avó o pesadelo que todas as noites tiña e o avó contestoulle que alí no lugar que soñara atoparíase a súa namorada.Entrou nos muros de Eiravedra e buscou unha cova semellante a dos seus pesadelos , ao atopala , de ela saíu unha serpe enorme, asustado , pensou fuxir pero non quixo pola sua moza e tirouse enriba da cobra e como lle dixera o seu avó deulle sete bicos e do interior da cobra saíu a namorada.Os dous namorados foron a casa dos pais da rapariga que ao vela botaron un berro que caeron mortos o chan . Ao final a parella de namorados casaron e viviron moi ledos .
NEDA
VALDOVIÑO
NARÓN
ARES-MUGARDOS
Di a lenda que un pescador na ría de Ferrol estaba pescando cando unha tormenta achegouse a o seu pequeno barco de pesca que foi arrastrado polas fortes correntes e o pescador sen ver ningunha solución, pensando que ía afogar decidiu rezar a "Virxe do Nordés e exclamou "Xa morro" a Virxe do Nordés , e esta o salvou. Cando os outros habitantes de Ferrol descubriron o ocurrido comezaron a agradecerlle a virxe que salvara a un dos seus cidadans e por iso a ermita chamase " Emida da Virxe de Chamorro" ou " Nosa señora do Nordés".
FERROL
En tempos medievais, un servidor dos Andrade, de nome Fortún, casou cunha rapaza chamada Maruxa e xuntos foronse vivir a Ares.Un parente dos Andrade chamado Fernán namorouse de Maruxa e non reparou en gastos colmandoa de agasallos, mentres Fortún ía de caza. Cando Fortún descubriu a infedelidade da súa muller co fidalgo matounos e tirou os seus corpos na misteriosa "Cova dos Mouros" e botouse o monte e como bandoleiro viviu ata que decidiu quitarse a vida cando foi perseguido polas xentes do señor de Andrade, o seu corpo descansa na "Cova dos Mouros".
There are no comments for this Glog.