Gladiadores

In Glogpedia

by geruinho
Last updated 5 years ago

Discipline:
Social Studies
Subject:
Ancient History
Grade:
12

Toggle fullscreen Print glog
Gladiadores

Inaugurado no 80 d.C. polo emperador Tito, este anfiteatro podía acoller a 50.000 persoas.

Queres saber como era o Coliseo no seu estado orixinal?Demos un paseo pola Roma do ano 320 d.C.!

A profesión dos gladiadores era a GLADIATURA, que incluía o COMBATE e o ADESTRAMENTO dirixido a fomentar a arte da espada, o GLADIUM.O adestramento estaba confiado a un mestre, o DOCTORE ou MAGISTER, cargo desempeñado por un antigo gladiador. Os aprendices practicaban cunha espada de madeira e batíanse contra unha estaca fixada no chan. Os mellores combatentes ou os veteranos servían como contrincantes durante os adestramentos nas loitas corpo a corpo, en substitución da estaca dos principiantes.

CRIMINAIS, ESCRAVOS, HOMES LIBRESOs condenados a traballos forzados podían converterse en gladiadores ó cumprir parte da súa pena nunha escola de gladiadores ou LUDUS. Xunto a eles estaban os escravos vendidos ós comerciantes de gladiadores ou LANISTAS, así como libertos e homes libres que buscaban na gladiatura un medio para conseguir un soldo, permios e popularidade.

RUDIS, SÍMBOLO DE LIBERDADEOs condenados e os escravos permanecían ó servizo do lanista ata que este, en premio polas súas vitorias, lles entregaba unha espada de madeira. O rudiarius, ou gladiador liberado, podía volver a ser contratado para loita e o seu prezo variaba en función da súa condición física.

G L A D I A D O R E S

LUDUS, ESCOLAS DE GLADIADORESÓ ingresar na escola, cada alumno especializábase nunha arma distinta, que distinguía cada tipo de gladiadores: SAMNITAS, PROVOCATORES, RETIARIOS, TRACIOS, MURMILLONES, ESSEDARII ou SAXITARIOS.

O C O L I S E O

ÍDOLOS DE MASASOs gladiadores máis famosos chegaron a ser obxecto de devoción entre o público romano. Así o demostran os centos de GRAFITOS de Pompeia. Neles represéntanse ós combatentes máis recoñecidos, ránkings de vencedores, diferentes tipos de gladiadores loitando entre si, etc.

GLADIADORAS

"CELADO, IDOLO DAS NENAS"Grafito da Casa dos Gladiadores, Pompeia

Interior do coliseo no seu estado actual

Secutor con escudo rectangular e espada curta e lista cos nomes dos gladiadores e o número das súas vitorias.Exemplo dos debuxos e inscricións procedentes de Pompeia.


Comments

    There are no comments for this Glog.