Cartas ao director

by profedelour
Last updated 7 years ago

Discipline:
Language Arts
Subject:
Writing
Grade:
4

Toggle fullscreen Print glog
Cartas ao director

Non pode ser que cos tempos que corren, coa crise que hai, en España sobretodo, xente como Florentino Pérez, presidente do Real Madrid e Sandro Rosell, ex presidente do FCB,(por ocultar a verdade), gasten semellantes cantidades de euros en dúas personas, Bale e Neymar, para que estas persoas xoguen no seu equipo e o único que fagan sexa vender camisetas, e, ademais, todos os millóns que cobran levanos para o seu país. Que gaña España con esto? Absolutamente nada, o único que fai así é perder os cartos e axudar a que a crise siga aumentando. Por cousas así axudamos a que o país vaia a peor e se encha de sin vergoñas coma eles.(César Ferrín)

Sr Director:A solución a este problema está moi clara; máis policias nas rúas e menos nos cuarteis..Case nunca se ve a un local patrullando polas rúas da nosa vila, non sei como será nas outras, pero aquí poden roubar a plena luz do día que os únicos que os ven son os peóns que anden a pasear ou a facer a sus compras habituais. ¿E alguén me pode explicar por que eles si poden saltarse as normas de tráfico? Non é a primeira vez que vexo a algún falando polo teléfono mentras conduce ou algún coche de policía aparcado encima de liñas amarelas. Se eles non nos enseñan como comportarnos e cometen infraccións, ¿como poden pedirlle os cidadáns que respecten todas as normas? E xa non falarvos dos ladróns, agora hasta saen a luz do día, e nadie se entera hasta horas depois do que aconteceu. Nin todalas escusas do mundo poderán escusar a estos homes e mulleres que gardan pola nosa seguridade. (Alba e David)

Xa era hora: despois de case catro meses de cicloxéneses explosivas, temporais, borrascas, etc... xa se volven a ver os rapaces tomando o sol nos xardíns dos campus , as familias andando en bici polos paseos marítimos e tamen algún atrevido que se deu un baño na praia.A calquera persoa do sur isto pareceríalle algo normal porque case sempre fai bo tempo pero despois de tantos meses de choiva por fin volve a calma a Galicia. (Iago Cribeiro Penas)

Sr director: Todos os días escoitamos queixas de que se os xoves somos indolentes, pusilánimes, vagos, destructores, pasotas... Calquera cousa menos algo positivo. E a verdade é que non é así. Os xoves tamén temos unha parte productiva que agora queremos sacar á luz. O proxecto da Casa da Xuventude é unha iniciativa nosa, e estamos notando que non recibimos moita axuda por parte do concello. E logo quéixanse de nós... Teñen medo a que sexan ideas aloucadas de mozos e que non sexa máis ca un lecer para pasar as tardes. Pero se nos desen a oportunidade, demostrariamos que non. Somos pequenos, pero somos persoas, e temos o corazón cheo de ilusión, esperanza e ganas de mellorar o mundo. Os xoves somos o futuro. (Taida e Paula)

Que necesidade hai?Esa é a pregunta de moitos estradenses ante a construción do Campo Municipal de A Estrada. Cal é a razón de esta decisión? Nestes tempos de crise un novo campo de futbol habendo outro que non esta en malas condicións é un luxo para a nosa vila. É evidente que arranxar o campo da Baiuca, que ademáis encóntrase nunha zona máis accesible para a poboación, é máis barato que este novo proxecto.Penso que o axeitado era mellorar o campo da Baiuca e investir o diñeiro noutro proxecto máis útil para o noso pobo. Por poñer algúns exemplos... por que non dar unha pequena axuda á nova casa de xuventude que se está a facer na (pon aquí un adxectivo que demostre qeu a estación de autobuses está inutilizada) estación de autobuses? Por que non habilitar unha zona para practicar deportes "alternativos"? Por que non investir na xuventude? No futuro do pobo. Hai gran cantidade de xoves promesas na nosa vila (atletas, musicos, deportistas...) O ideal sería investir neles, impulsalos ao éxito...eu cambiaría isto...e os xoves que non apunten ao éxito non merecen investimentos? Aumentar as posibilidades na Estrada, que non teñan que marchar a Santiago ou cidades ¿ou vilas? dos alrededores. Que non se diga "na Estrada non se pode medrar". O dano xa esta feito, o Campo Municipal de A Estrada xa está rematado. (Federico)

Despois de ver as atrocidades que se están a cometer na fronteira de Melilla vin necesario dar a miña opiniónao respecto. Estou falando da instalación das concertinas nas vallas de Melilla. É unha especie de arame de espiño de última xeración que ten como función evitar a entrada de inmigrantes no noso país. Ía dicir que estas medidas son terceiromundistas, pero creo que nós pasamos este límite. Esto non quere dicir que non haxa que controlar a entrada ao noso país , pero creo que hai medidas disuasorias moito máis correctas que esta, como facer un muro de vinte metros de alto ou poñer o dobre de policías, por exemplo. E de ser hipócritas ter unha declaración de Dereitos Humanos e facer estas barbaridades , ademais de estar prohibidas ata para os animais. Eu creo que a unha persoa que cruzou un deserto, deixou á súa familia, saltou o valado e cruzou o estreito en patera non o vai parar un obstáculo dese tipo. O que vai ocorrer é que vaise deixar os intestinos e imos ter que curalo aquí. As persoas que cruzan a valla non veñen a roubar, senón que escapan da pobreza e da fame; e veñen a traballar e buscar oportunidades. En conclusión eu creo que deberían quitar a concertina, xa que é unha medida inhumana, e buscar outras alternativas para controlar o paso de inmigrantes.(Mario Picáns)


Comments

    There are no comments for this Glog.