blank-740

by tristana2
Last updated 6 years ago

Discipline:
No category
Subject:
No topic

Toggle fullscreen Print glog
blank-740

.

MÚSICOComezou moi novo a súa formación musical. Co tempo, fíxose gaiteiro e formou un grupo, Raparigos. O seu amplo coñecemento de Galicia (música, costumes, historia, lendas, tradicións, etc. ten moito que ver coas andainas polas vilas e cidades galegas co seu grupo.

ORNITóLOGOCon outros compañeiros funda o GOG (Grupo Ornitolóxico Galego) nos anos 70. Este grupo non se centrou unicamente na ornitoloxía, naceu cunha amplitude de miras adiantada ao seu tempo.

PROFESOR no Sofía Casanova durante máis de 30 anos. Catedrático de Bioloxía, polas súas clases pasaron varias xeracións de ferroláns.Director do Instituto desde 1985 a 1988, e de novo, de 1994 a 2013.

Raparigos

O MEDIO AMBIENTEPioneiro en Galicia e en España da educación medioambiental (non había daquela esta disciplina). Foron moitos os cursos que impartiu a docentes e non docentes sobre esta cuestión.

Depto. Ciencias Naturais. Biblioteca.Novembro, mes da ciencia en galegoIES Sofía CasanovaSilvar estivo aquí o día 28 de novembro de 2014 para pechar as actividades organizadas arredor do mes da ciencia en galego.

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL. Fúndase en Santiago en 1976. Un ano despois, Silvar funda en Ferrol a delegación ferrolá da SGHN.

En positivo

Sesión 28 novembro, 2º ESO IES Sofía Casanova.

SILVAR

28-11-14

XOÁN R.

Blog da Biblioteca

O venres 28 de novembro estivo con nós na Biblioteca Xoán R. Silvar no marco das actividades realizadas neste “Novembro, mes da ciencia en galego”. Despois de máis de trinta anos no Sofía dando clase a varias xeracións, Silvar volveu para falar aos alumnos de 2º ESO de “Lingua(s) e ciencia”. A ciencia, os tipos de ciencia, a linguaxe científica, as linguas da ciencia, a investigación da musicóloga suíza Dorothé Schubarth en colaboración con Antón Santamarina e as razóns de por que el, un rapaz de Ferrol, comezou a usar o galego na súa vida particular e profesional, foron varias das cuestións tratadas na súa exposición. Uns poucos privilexiados de 2º ESO B quedaron máis tempo e o bombardearon con preguntas sobre algunhas das facetas da súa vida: a música, a ornitoloxía, o medio ambiente, a súa tarefa como profesor, etc. Moi interesados parecían… Haberá entre eles algún futuro científico? Continuará… Porque novembro acabaría, pero nós continuamos lendo ciencia na biblioteca e fóra dela.CientificaMente, no Sofía.


Tags

Comments

    There are no comments for this Glog.