Next-Gen

As lendas de comarca

In Glogpedia

by evarv
Last updated 3 years ago

Discipline:
Language Arts
Subject:
Literature
Grade:
6,7,8,9

Toggle fullscreen Print glog
As lendas de comarca

Conta a lenda, que antigamente había un río no límite entre Narón e Ferrol.Un pastor de Ferrol chamado Antón namorouse dunha moza de Narón chamada María, pero o río impedía que estiveran xuntos. Antón coidaba moi ben ás súas cabras. Na noite de San Xoán , Antón quería ver a María. Entón, as cabras xuntáronse entre elas para facer unha ponte, e así poder xuntarse. As cabras ao estar tanto tempo inmóbiles transformáronse en pedras e convertéronse na actual Ponte das Cabras.

O mozo dunha muller chamada Minla morre. Minla quere velo e pídelle ao demo que faga unha ponte para poder estar co seu marido aínda que estea morto. Proponlle que, se consegue facelo nunha noite, entregarálle a súa alma tras ver ó seu marido. O demo non consegue completar a ponte, pero Minla pode ver ao seu amor. Como non estaba a ponte completada, non lle entrega a súa alma ao demo.

Pontedeume

A nosa lenda

Esta lenda trata de que unha virxe sostén un penedo cun dedo. Se a virxe quita o dedo, o penedo cae e o mundo rematará.

Esta lenda conta que unha raíña estaba nun buque, pero como había temporal, saíu e sentou nunha rocha. A rocha queda coa forma de asento.

A lenda conta que unha bruxa moi malvada pretende a un home, pero o home rexéitaa. A bruxa víngase convertindo ás súas fillas en queixos. O home, sen sabelo, come un anaco dun dos queixos. A bruxa convérteos en cabalos e, dous saen correndo, pero o outro, non pode correr porque lle falta unha pata. Ese cabalo,máis tarde, convértese en fonte.

Neda

As lendas da comarca

Esta lenda trata de que un pescador que estaba no seu barco cun gran temporal, ve que vai morrer. Entón o pescador berra "XA MORRO" e unha virxe sálvao.

Unha moura moi fermosa transfórmase en rocha. No solsticio de verán volverá a ser humana, para pedirlle aos homes que escollan entre ela ou os tesouros. Entón os homes decídense polos tesouros e ela, indignada, volverá a estar outro ano máis convertida en rocha.

Narón

Valdoviño

Mugardos

Ferrol


Comments

    There are no comments for this Glog.