As lendas da nosa terra

In Glogpedia

by evarv
Last updated 3 years ago

Discipline:
Language Arts
Subject:
Literature

Toggle fullscreen Print glog
As lendas da nosa terra

A noite de San Xoán é unha data máxica. Hai inmensos mitos, tradicións... Relacionados con ela. E considerada a noite do amor. Para as culturas precristiáns, a noite de San Xoán era o momento de festexar que a noite era mais curta co día xa que para eles o día era a vida e a noite a morte.

Cóntanse dun mozo, que andaba nun prado a beira dun río e viu chegar a un mouro e unha rapaza guapísima, e o mouro seica era un xenio. O mozo agachouse chegou pé deles sen ser visto, e despois de falar raro dixo:O que che desencante tres bicos tenche que dar.E a mesma desapareceron o mouro e a rapaza por riba do río.O rapaz, curioso volveu o día seguinte o mesmo sitio. Agardou a beira do río e o pouco oíu un asubío polo medio do río cando mirou quedou morto de medo, por riba do río viña unha cóbrega que era a mais grande que había visto e ía cara o rapaz. O rapaz tiña o medo no corpo, pero aguantou mentres se achegaba a cóbrega. Cando a tivo de frente o rapaz tiroulle un bico e a cóbrega fuxiu. A cóbrega volveu e a recibiu outro bico e fuxiu, e o terceiro bico a cóbrega transformouse na rapaza, que rompeu a chorar nos brazos do rapaz. E contan que o rapaz casou coa rapaza e fóronse vivir a terras dela.

As lendas da nosa terra

A noite de San Xoán

Doniños

Hai moitos apareceu un pobre percorrendo a cidade de Valverde, chegou a unha casa pedindo e lle dixeron que se fora que non lle podían dar nada.Chegou a outra casa e a señora díxolle que non tiña nada para darlle pero que se esperaba que lle daba unhas bolas que tiña no forno. E dixo: -Ben pois espero O pobre que en realidade era Xesucristo díxolle:-Señora, aquí hai xente mala e van ter un desengano. Colla por ese camiño arriba e non mire para atrás e salvarase. E a señora preguntou: E os meus nenos?Non se preocupe, que Deus ben as ve, xa as salvara.E así fixo, marchou camiño arriba, pero sentiu un ruído e se desmaiou e quedou morta.Pero os nenos salváronse porque mantíñanse a frote no berce.

A cóbrega do encanto

A nosa lenda"Fonte de finca de Arzúa"

O demo e as lavandeiras

Fai moitos anos unha malvada bruxa que estaba enfadada se topou cunha fonte normal, e do enfado a súa auga se converteu en veleno, a fonte, que estaba a carón dunha aldea, e que era a fonte onde todos os aldeáns collían sempre a auga para beber, e por suposto os aldeáns quedaron todos envelenados e pouco despois morreron case todos menos media docena mais o xefe da aldea. Nese momento o xefe ideou un plan e mandou a varios homes a buscar unha fada para que a auga fose outra vez normal, e que revivira a xente que morreu, e así fixeron; foron buscar unha fada a unha cova máxica e ela díxolles que o facía con unha condición; que a aldea veciña puidera beber auga da fonte, eles aceptaron o trato, e así foi, e dende aquela a fonte tivo modificacións e todo o mundo sigue podendo beber de aquela fonte.

Contase que nun lavadoiro de Mourela, pola noite ou pola maña moi cedo escoitábase un canto melodioso. Os que ían mirar, enganados polo canto, atopaban co diablo que os levaba con el.


Comments

    There are no comments for this Glog.