A Terra e os seus movementos

In Glogpedia

by Davidocampo
Last updated 7 years ago

Make a copy Make a copy function allows users to modify and save other users' Glogs.

Discipline:
Science
Subject:
Earth Sciences
Grade:
7

Toggle fullscreen Print glog
A Terra e os seus movementos

A TERRA E OS SEUS MOVEMENTOS

OS FUSOS HORARIOSUn fuso horario é cada unha das zonas da Terra que comparte unha mesma hora.Na Terra, idealmente, habería 24 fusos de 15º cada un. Non obstante isto vese alterado por divisións políticas.O fuso horario 0 atópase ao redor do meridiano de Greenwich. Cara ao leste deste amence antes, polo que hai que sumar horas, e cara ao oeste amence máis tarde, polo que hai que restar horas.

A LÚA E OS SEUS EFECTOS

AS ESTACIÓNSA combinación do movemento de translación da Terra xunto co seu eixe inclinado causa que se produzan distintas estacións climáticas no noso planeta ao longo do ano.Cando nun hemisferio é verán hai máis horas de día que de noite, e os raios solares inciden de forma máis perpendicular nesta área, polo que se quenta máis. Ademais no círculo polar dará o sol todo o día (no polo hai 6 meses de día e 6 de noite). En inverno hai máis horas de noite e o sol incide de forma máis oblicua.Os solsticios, que dan inicio ao verán e ao inverno, son os días nos que existe maior diferenza entre as horas de día e de noite. Pola contra nos equinoccios, que abren paso ao outono e á primavera, o día e a noite duran o mesmo en todos os puntos da Terra.

FASES DA LÚA

A CARA OCULTA DA LÚAA lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta arredor da Terra e sobre si mesma, o que fai que sempre nos amose a mesma cara.

AS MAREASSon cambios periódicos do nivel do mar producidos por efecto da lúa e, en menor medida, do sol.No lado no que se atopa a lúa e no contrario (pola forza centrífuga) a marea está alta, mentres que en ángulo recto coa lúa as mareas son baixas.O sol pode modular as mareas, de tal forma que cando está aliñado coa terra e a lúa (en lúa nova e lúa chea) produce mareas vivas e a diferenza entre a preamar e a baixamar é máxima, e cando está en ángulo recto con estas (cuartos minguante e crecente) forma mareas mortas, e hai pouca variación entre a marea alta e baixa.

AS ECLIPSESSon ocultacións transitorias, totais ou parciais, dun astro pola interposición doutro corpo celeste.Eclipses de sol:Ocorren cando a lúa se interpón entre a Terra e o sol, ocultando a este último. Se o tapa por completo falamos de eclipse total; se só tapa unha parte chamámoslle eclipse parcial; e se sitúa diante pero deixa ver o borde do disco solar, eclipse anular.Eclipses de lúa:Ocorren cando a lúa chea pasa polo plano da eclíptica e atravesa a sombra da Terra, que a escurece de forma transitoria.

´

AS COORDENADAS XEOGRAFICAS


Comments

    There are no comments for this Glog.