A función de nutrición

In Glogpedia

by dpcastro
Last updated 6 years ago

Make a copy Make a copy function allows users to modify and save other users' Glogs.

Discipline:
Science
Subject:
Human Anatomy

Toggle fullscreen Print glog
A función de nutrición

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

CONSISTE EN:-Conseguir nutrintes e osíxeno-Transportalos a todo o corpo-Eliminar os refugos

SERVE PARA OBTER:-Enerxía-Materiais de construcción

INCLÚE:-A dixestión-A respiración-A circulación-A excreción

A DIXESTIÓN é a descomposición dos alimentos para a obtención de nutrintes. O aparello dixestivo consta dun tubo que comeza na boca e remata no ano, onde se somete aos alimentos a distintos procesos mecánicos e químicos para a súa transformación en sustancias que poidamos aproveitar.

A RESPIRACIÓN é o proceso mediante o cal obtemos osíxeno e expulsamos dióxido de carbono. Consta de dúas fases, a inspiración, cando se introduce aire no noso corpo, e a expiración, cando se expulsa. O intercambio de gases se produce nos pulmóns

A CIRCULACIÓN é o percorrido que fai o sangue por todo o corpo. O corazón bombea o sangue para distribuír os nutrintes e o osíxeno necesarios mediante os vasos sanguíneos:-Arterias, que envían o sangue dende o corazón ao resto do corpo-Veas, que conducen o sangue de volta ao corazón-Capilares, vasos mais pequenos que chegan a cada unha das células

O CORAZÓN é o músculo que fai moverse o sangue por todo o sistema circulatorio. Ten catro cavidades: dúas aurículas (nas que entra o sangue polas veas) e dous ventrículos (polos que sae o sangue mediante as arterias).A aurícula e ventrículo dereitos bombean o sangue cara os pulmóns (circulación menor); e a aurícula e ventrículo esquerdo bombean o sangue cara o resto do corpo

A EXCRECIÓN é o proceso polo que se eliminan as sustancias de refugo do sangue. Os riles son os principais órganos que filtran o sangue para limpialo, e expulsar eses refugos en forma de urina.Tamén se expulsan toxinas e refugos por medio da suor (que ademais, ten a función de refrescar o corpo).


Comments

    There are no comments for this Glog.