Next-Gen

Xose María Díaz Castro

by patriifdez
Last updated 3 years ago

Discipline:
No category
Subject:
No topic

Test Glog

Naceu o 19 de febreiro do 1914 no Vilariño, lugar de San Vicente d’os Vilares.

Xose María Díaz Castro

Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente.

Nos Xogos Florais de Betanzos, 1946, acadou a frol natural ao mellor poema en castelán coa composición El cántico de la ciudad, 112 versos, e o premio á mellor poesía en galego con Nascida d’un soño, tríptico de sonetos, publicados ambos e dous no Anuario Brigantino, en 1948 e 1951, respectivamente

Dende Madrid colaborou coa revista Alba, dirixida, en Vigo, por Ramón González Alegre. En 1955 aparecen, no tomo IV da Escolma de Fernández del Riego, poemas seus en galego que recollerá en Nimbos. En 1961, o 5 de xullo, sae do prelo da editorial Galaxia Nimbos, a súa obra cimeira. O libro foi saudado e loado por Ricardo Carballo Calero, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e outras voces autorizadas.

No Seminario de Mondoñedoconfirma a súa vocación como escritor

"Lémbrome ben de que, na miña época de estadía en Mondoñedo, dirixín unha revista absolutamente manuscrita, feita por estudantes"

Finou en Lugo o 6 de outubro de 1990 e foi soterrado en Guitiriz. Deixou inéditos, en castelán, o poemario Sombras radiantes e unha longa composición, Melodía.”

Díaz Castro retornou a Galicia en 1982, vivindo en Guitiriz co seu irmán Serafín e frecuentando a amizade de Alfonso Blanco Torrado, autor de Ascensión dun poeta (1955), ensaio merecente do IX Premio Ánxel Fole. Nesta etapa da súa vida, o poeta coñeceu e tratou algúns escritores galegos e colaborou con Dorna, publicando poemas e traducións en varios números da revista. Segundo el mesmo manifestou, en repetidas ocasións, a súa acollida por parte de Dorna, serviulle de “estímulo para retomar o hábito, para volver á poesía”.

Xogos Florais

Etapa en Madrid

En 1922 escribe os seus primeiros poemas entre os 8 e 10 anos.En 1936 cumpre o servizo militar.En 1940 traballa como profesor.


Tags

Comments

    There are no comments for this Glog.